Novas restricións para a hostalaría a partir do día 30 ás 24:00

Plaza Maior pechada
Novas restricións para a hostalaría a partir do día 30 ás 24:00

O comité clínico acorda o peche dos locais de hostalaría e restauración ás 00,00 horas, e os de lecer nocturno ás 2,00

image_gallery-2O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá en rolda de prensa das novas medidas acordadas polo comité clínico, e entre as que destaca a decisión de limitar a apertura dos locais de hostalería e restauración ás 00,00 da madrugada, e do lecer nocturno ás 2,00. No caso da hostalería e a restauración, os venres e os sábados poderán ampliar os seus horarios de apertura ata as 1:00 h. Entre as novas medidas, que entrarán en vigor ás 00,00 horas do día 31 de decembro, e que estarán vixentes ata o día 18 de xaneiro.
CERTIFICADO COVID E PROHIBICIÓN DE CONSUMIR NAS BARRAS
Tamén será obrigatorio presentar o certificado covid para acceder aos locais de hostalería durante todo o día, e tamén a volta da prohibición de consumir nas barras dos locais.