Novas Xeracións do PP remata a campaña de recollida de alimentos e outros produtos para Cáritas

caritas
Novas Xeracións do PP remata a campaña de recollida de alimentos e outros produtos para Cáritas

Conseguiron encher un furgón dende que comezaron en decembro coa recollida en Xinzo

A formación de mozos do Partido Popular de Xinzo, ven de rematar coa campaña de recollida que comezaran en 2015. Conseguiron recadar "unhas cantidades considerables", segundo manteñen, de roupa; alimentos de primeira necesidade como galletas ou aceite; xoguetes e produtos de hixiene ou potitos.

Con todo o material que conseguiron recadar, encheron un furgón que descargaron en Cáritas de Xinzo.

Dende Novas Xeracións sinalan que "queremos agradecer a todas as personas tanto a título individual como colectivo que participaron de forma totalmente desinteresada aportando o seu gran de area, ademáis queremos agradecer a todas as empresas que colaboraron".