O NOVO ALCALDE DE SANDIÁS QUERÍA COBRAR 36.000 € O ANO

Alcalde Sandias
O NOVO ALCALDE DE SANDIÁS QUERÍA COBRAR 36.000 € O ANO

O Concello a súa adicación exclusiva costaríalle ao redor de 48.600 €

O Concello a súa adicación exclusiva costaríalle ao redor de 48.600 €

Pouco tardou o novo alcalde de Sandiás Felipe Traveso en propoñer o pleno a súa adicación exclusiva.

Na sesión extraordinaria celebrada a finais do mes, no orde do día aparecía nun punto a adicación exclusiva do alcalde. Parece que ata ese momento a ningún dos grupos da oposición lle \“chirriou\” a cuestión.

O PSOE, votou en contra.

No momento de analizar ese punto e o alcalde argumentar a súa pretensión dicindo que \“este é un concello moi difícil de xestionar, e tendo en conta que quero facer moitas obras, quero a adicarme o 100%\”. Ata aquí todo ben, o problema xurdiu cando puxo porriba da mesa a contía \“36.000\” €, máis loxicamente a SS. por conta do concello.

Neste momento as caras de asombro dos membros do PP e do PSOE, non daban creto, e votaron en contra.

Recordar que a normativa actual para os concellos de entre 1.000 e 5.000 veciños, o goberno autoriza un máximo de 40.000 €/ano.

Sandiás no censo de 1 de Xaneiro de 2014 (último censo actualizado) o IGE di que ten 1.297 habitantes. A pouco que baixara a poboación, pouco marxe lle queda.

NADA DISO SE DIXO NA CAMPAÑA

O Portavoz do PP, quedou tamén estrañado posto que na campaña electoral, ningún dos membros da lista, nin el mesmo falara nada desa adicación. Tamén argumentou de que este é un concello pequeno que cos funcionarios que ten e co persoal laboral, non hai problema para levar a xestión.