Un novo bloom de contaminación por cianobacterias no encoro das Conchas, afectando aos concellos de Bande e Muiños.

Imaxe de arquivo do Encoro das Conchas.
Un novo bloom de contaminación por cianobacterias no encoro das Conchas, afectando aos concellos de Bande e Muiños.

Segundo comunicado da asociación Amigos da Terra

O pasado día 26 de xullo xa anunciabamos que o encoro das Conchas na zona de Portoquintela, no concello de Bande, rexistraba un considerable empeoramento da súa calidade da auga e contando coa presencia alarmante de cianobacterias, no que se producía un "bloom" de cianobacterias, que son favorecidas polas altas temperaturas, máis horas de luz solar e un exceso de nutrientes, principalmente nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca da Limia que son o caldo de cultivo perfecto para que proliferen as cianobacterias, e consecuentemente afectando á salubridade e o estado sanitario das augas.

Apenas pasados dez días e a data de 6 de agosto, producese un agravamento e empeoramento da situación no encoro das Conchas, xa que ademais da zona de Portoquintela no concello de Bande, desta vez tamén se ve afectada a zona de O Corgo-A Rola, no Concello de Muiños, alcanzandose nestas dusa zonas de control o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3, no que o reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL ou ben cuantifícanse toxinas nas análises realizadas ou detéctanse espumas e natas de cianobacterias en áreas onde pode existir contacto directo cos bañistas e/ou existe risco de inxestión/aspiración.

Estes resultados volven indicar unha alta probabilidade de efectos adversos para a saúde. A presenza de natas e espumas xeradas por cianobacterias é un indicador de potencial risco de efectos severos para a saúde para as persoas que tomen contacto con estas, polo que estaría prohibido bañarse nin realizar actividades acuáticas na zona de Portoquintela no Concello de Bande e na zona de O Corgo-A Rola no concello de Muiños.