Novo colaborador en prácticas en dendealimia

149
Novo colaborador en prácticas en dendealimia

Chámase Bruno Losada e vive en Xinzo

Dende o primeiro deste mes de abril Bruno Losada, veciño de Xinzo, dunha familia moi coñecida forma parte dos colaboradores de dendealimia. Estará facendo as prácticas correspondentes ao 3º curso de Xornalismo da Facultade de Ciencias da comunicación da USC.

Bruno defínese así mesmo da seguinte maneira:

Son un estudande de xornalismo e teño 21 anos. Son bastante curioso e aprendo de todo en xeral, e máis en particular interesame a historia e a política. Non me gustan demasiado os deportes tradicionais e xeralmente estou máis interesado en e-sports ou deportes electrónicos.

Dámoslle a benvida no dendealimia, o que suporá para o noso xornal un paso máis na súa consolidación.