Novo incendio na tarde do domingo en Xinzo

IMG-20190908-WA0015
Novo incendio na tarde do domingo en Xinzo
No que pretendía ser o camping Lagunita dos anos oitenta

Outro incendio intencionado, segundo indican todos os datos, produciuse na tarde do domingo máis alo da Moreira, dentro do recinto que nos anos oitenta pretendía ser un camping de primeira categoría en Xinzo.

Agora foi na parte que non da a estrada dianteira do "complexo".

Lagunita

Ata o lugar do incendio desprazáronse os bombeiros de Xinzo, as brigadas de medio ambiente da Xunta e efectivos de protección Civil, Policía Local e Garda Civil. As lapas sofocáronse sen ter que intervir medios aéreos.