Nova solicitude para un parque eólico entre Baltar -Blancos e Calvos

Imaxe arquivo
Nova solicitude para un parque eólico entre Baltar -Blancos e Calvos

Greenalia Wind Power empresa con sede na Coruña, pon en información pública o parque Lamas II

A Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Lamas II, situado nos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/004).

DATOS BÁSICOS

Solicitante: Greenalia Wind Power Lamas II, S.L.U.; CIF: B70615059.

Denominación do proxecto: parque eólico Lamas II.

Concellos afectados: Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos (Ourense).

Potencia que se vai instalar: 15 MW.

Número de aeroxeradores: 3×5 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta estimada: 47.334 MWh/ano.

Prazo de execución: 8 meses.

Orzamento de execución material: 11.476.452,50 €.

A área que define a poligonal anterior ten unha superficie de 858,48 ha.

Características técnicas recollidas no proxecto

3 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG145 de 5 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxa de 127,5 m, diámetro de rotor de 145 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 6.000 kVA e relación de transformación de 0,69/30 k