Sen novos roubos dende que comezou a vixilancia diurna e nocturna

Sen novos roubos dende que comezou a vixilancia diurna e nocturna

A medida de urxencia posta en marcha polo concello causou o efecto esperado

A Policía Local non ten constancia de novos roubos de material de regadío ou de petróleo dende que se comezou coa campaña de vixilancia diurna e nocturna na vila de Xinzo de Limia e nas aldeas de arredores.

A medida de urxencia posta en marcha polo concello causou o efecto esperado e os ladróns non volveron roubar, polo momento. Agárdase que a situación de calma continúe e, segundo o alcalde, "calme a alarma social creada entre a veciñanza".