Movilízanse 15 M€ para a mellora dos regos galegos dentro do Plan de Recuperación do Goberno

Movilízanse 15 M€ para a mellora dos regos galegos dentro do Plan de Recuperación do Goberno
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, asegurou que o rego sostible é clave para afrontar os retos do cambio climático na agricultura.

O Goberno, a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), mobilizará en Galicia un total de 15.900.000 euros para a modernización do rego ata 2026, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). En concreto, o Plan de Modernización do Rego destina a Galicia un investimento de 12.720.000 euros procedentes do Plan de Recuperación, ao que se engaden achegas privadas, para mobilizar un total de máis de 15 millóns de euros para obras de mellora na eficiencia e sostibilidade do rego.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e o presidente da Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa), Francisco Rodríguez Mulero, asinaron este xoves o convenio de colaboración para a execución da segunda fase do Plan de Modernización do Rego. para promover a mellora da eficiencia e sustentabilidade no rego.

Este programa, incluído no Plan de Recuperación, conta cunha inversión pública de 303 millóns de euros nesta segunda fase, que financiará un total de 40 actuacións en 15 comunidades autónomas e mobilizará un total de 378 millóns de euros grazas ás achegas privadas. Na sinatura do convenio, Planas asegurou que o rego sostible é clave para afrontar os retos do cambio climático na agricultura e para poder manter no futuro o modelo de produción de alimentos que responda á demanda da poboación.

Aposta pola sostenibilidade

"Temos o reto da suficiencia alimentaria en todo o planeta, e temos que responder nun escenario que nos obriga a afrontar o urxente sen deixar atrás o necesario", dixo Planas

Ademais, referiuse á situación do cambio climático con fenómenos extremos como como secas ou incendios provocados polas altas temperaturas. Por iso, asegurou que "é necesario facer un mellor uso da auga", e un sistema de xestión dos recursos "máis moderno e eficiente", que sexa sostible.

E para dar resposta a este reto, o Goberno aposta por mellorar a eficiencia do rego. Ademais dos investimentos financiados con fondos europeos do Plan de Recuperación, as actuacións de modernización do rego complétanse con orzamentos propios da consellería.

"A modernización do rego, a súa transformación dixital, cun uso máis eficiente, intelixente e sostible vai contribuír á prosperidade do sector agrario e é unha das grandes apostas do presente e do futuro", subliñou o conselleiro.