O IVE dos pellets baixará ao 5% a partir do día 1 de outubro

PULIRE-STUFA-A-PELLET-
O IVE dos pellets baixará ao 5% a partir do día 1 de outubro
Segundo informou o sábado a OCU (Organización de consumidores é usuarios)

Ante a subida do prezo do pellet, que foi do 67% respecto a 2021 segundo os estudos de OCU, o Goberno decidiu reducir o IVE do 21 ao 5% durante o último trimestre do ano 2022.

Este cambio de fiscalidade fai que a subida non supere o 50% de media no prezo final. En 2021 podíase comprar un saco de 15 kg de pellet a un prezo medio de 4,5 euros, os consumidores previsores que comezaron a abastecerse pronto, fronte ao duro inverno que previsiblemente nos espera, chegaron a pagar ata 10 euros por este mesmo produto. As subidas ao longo destes últimos meses chegaron a superar o 50%. Con todo, a partir do 1 de outubro cando se empeze a aplicar a redución do IVE, o prezo medio do pellet deberá roldar os 6,35 euros.

O cambio neste imposto suporá un aforro estimado para os consumidores duns 19,4 millóns de euros.

A PARTIR DO 1 DE OUTUBRO, E ATA FIN DE ANO

A rebaixa do IVE comezará a aplicarse o próximo 1 de outubro e manterase ata o 31 de decembro de 2022. O obxectivo desta redución do IVE é facer fronte á inflación xeneralizada de prezos derivada da guerra de Ucraína e garantir o acceso aos combustibles para calefacción a todos os cidadáns e en especial aos consumidores vulnerables. Só afecta os pellets.