Orientación no parque da Telleira

304
Orientación no parque da Telleira

O domingo 10 de xuño organizado pola Cruz Vermella

A Cruz Vermella, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, Protección Civil, coa Asociación Deportiva Limiactiva e o clube Peña Trevinca, organiza una nova xornada de orientación a pé de carácter solidario.
Será o domingo día 10 de xuño con saída no Parque da Telleira (Camiño da Cerámica) ás 10.30h onde os participantes, terán que atopar todas as balizas podendo facelo de forma individual, en parella, en grupos, en familia...
Haberá percorridos adaptados para todas as idades, podendo participar dende os 4 anos de idade ata a categoría dos máis veteráns.

Proba valedeira para a Copa Deputación de Orientación 2018 o Circuito de Orientación LImiactiva 2018.

Para inscribirse poderase facer presencialmente na oficina de Cruz Vermella de Xinzo de Limia ou a través do seguinte enlace

http://limiactiva.com/2018/05/30/xornada-orientacion-cruz-vermella-2018/ e dita inscripción consistirá nun boleto de lotería do Sorteo do Ouro (5 euros).

Ademais haberá avituallamento á chegada a meta e sorteo de agasallos por xentileza de varios establecementos comerciais de Xinzo!