OBITUARIO

Remedios Fontelo Fontelo

Case 104 anos de boa e mala vida

Onte deixounos unha das avoas máis lonxevas da Limia

Na súa casa de Congostro, e tal como di unha das súas netas Elvira Lama, foise a reunir cos seus seres que xa alá están, unha das avoas máis lonxevas da Limia, Remedios Fontelo Fontelo.

Tal e como nos contou Elvira, ata os 100 anos era autónoma total, desenrolando unha vida tranquila no seu pobo natal de Congostro.

Ata chegar a esa idade, pasou por dúas guerras mundiais, unha guerra civil e unha que outra pandemia, iso si, aguantou todo iso despois de parir a nove fillos, todos emigrados e tamén nos confesan, que tivo que amamantar a dúas criaturas máis, algo que nos seus anos mozos, non era nada estraño.

Quizais ese fora o segredo da súa lonxevidade, a loita polos seus, e a dedicación aos demais.

Descanse en paz a “mama Remedios” ou a “tía Remedios”, como a chamaban os veciños do pobo.