Os obradoiros da memoria chegaron a Parada de Ribeira

Obradoiro en Parada de Ribeira
Os obradoiros da memoria chegaron a Parada de Ribeira
Unha vintena de veciños asistiron aos mesmos, organizados polo concello de Xinzo

Os obradoiros que promove o Concello de Xinzo de Limia para paliar o deterioro cognitivo dos maiores seguen espertando interese nas parroquias. Hoxe foron unha vintena de veciños e veciñas de Parada de Ribeira os que participaron na iniciativa, que se leva a cabo en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense. Os maiores de 64 anos son os destinatarios e a intención do executivo local e estender a iniciativa ao resto dos pobos. Así, a través da concellería de Servizos Sociais ofrécense obradoiros de memoria que permiten frear o deterioro cognitivo e loitar contra o esquecemento que causan enfermidades que se agravan coa idade.