Obras de mellora na Igrexa Nova de Xinzo para recibir a Semana Santa
22:46 08/04/17
22:46 08/04/17
Renováronse os bancos da parte central e pintouse o valado da entrada exterior.
A Semana Santa xa esta aquí e a Igrexa Nova de Xinzo atópase nun proceso de mellora que xa comezou. Os bancos centráis do templo xa foron renovados e o valado da entrada exterior atópase recén pintado. Todo isto púidose realizar grazas a unha importante doazón económica dunha veciña da vila á Igrexa central da capital da Limia.
Tamén se renovarán os bancos dos laterais e prevese que se realicen máis obras de mellora das instalacións con esa doazón nun futuro proximo.