Os oficios na Igrexa nova comezarán mañá domingo 17 de maio
12:44 16/05/20
12:44 16/05/20
A Igrexa vella permanecerá pechada ata novo aviso
Unha vez na fase 1 este domingo comezarán as celebracións, autorizadas, xa na Igrexa Nova de Xinzo cuns horarios habituais, tanto nos domingos como no día a día.
A diario as misas volven ao horario habitual das 08:30 e as 20:00.
NORMAS A SEGUIR, PARA ASISTENCIA AOS CULTOS
A Parroquia de Sta. Mariña acaba de colgar na súa páxina as normas que debemos seguir para a asistencia ao culto, de obrigado cumprimento, por parte de todos, así como nos Bautizos, comunións e funerais.
Pódese ver toda a información en (www.santamarinadexinzo.com)