Ofrenda floral de Xinzo no día de Galicia

IMG-20230719-WA0013
Ofrenda floral de Xinzo no día de Galicia

Maña 25 ás 20:30

A celebración oficial do día de Galicia, como se ven facendo nos últimos anos, celebrase no parque de Galicia, este ano a partir das 20:30.

No acto oficial ao que asistirá o alcalde e membros do goberno e da corporación colaborarán na parte musical o grupo Tarde Piache.

CAMIÑANTES E CANTANTES

La OCABAND
La OCABAND

Unha vez rematado o acto oficial arrancará o espectáculo Camiñantes e Cantantes no Barrio do Polígono, no que a orquestra La OCA BAND, fará un percorrido polo camiño de Santiago pero esta vez musicalmente, interpretando cancións galegas de todos os tempos e grupos significativos do folclore galego, con arranxos da propia banda e na que participarán o actor Manuel Manquiña, o monologuista Pepe Suevoas e a cantante Pili Pampín.