Desta maneira se “despacha” o concelleiro de Medio Ambiente de Xinzo, ante a moción presentada polo grupo socialista para tratar no próximo pleno ordinario.
Este verán tódalas rúas, dende a primeira ata a última véñense baldeando tres veces ao mes. Tamén e verdade é que ao pouco tempo desa limpeza comezan a aparecer cavillas, papeis e outras cousas. Niso si estou de acordo coa portavoz socialista, en que hai que concienciar un pouco mais a cidadanía, de que hai papeleiras para toda esa clase de residuos, e que o seu sitio non é a rúa.
Tamén critica que a oposición presente fotos de lugares determinados que nalgún momento poidan estar un pouco mais sucios, pero non saca esas fotos unha vez pasan os membros da limpeza.
En canto a mala distribución dos efectivos Manuel Cabas afirma rotundamente que eses comentarios son de alguén que nunca gobernou e non sabe o que é ter que distribuír o traballo dun grupo de xente, que ten vacacións, permisos e baixas.
NON TODOS OS MEMBROS DA OPOSICIÓN OPINAN O MESMO
Continúa Cabas dicindo que outros membros de grupos de oposición que se sentan ao carón do seu grupo, e aínda algún do seu mesmo grupo, ten comentado que este ano Xinzo, está mais limpo que anos anteriores.
Que se pode mellorar, por suposto, e cara a ese punto iremos. Esperamos que o ano que ven teñamos outra máquina varredora de beirarrúas que prometeu esta mañá na súa visita a Conselleira de Medio Rural.