O orzamento de Xinzo deixa só 60 mil euros en inversións e máis de 4 millóns para nóminas

Alcalde xinzo 1
O orzamento de Xinzo deixa só 60 mil euros en inversións e máis de 4 millóns para nóminas

Xinzo dispón para este 2016 de 7.6 millóns de euros

O pleno que se celebrou na tarde do luns en Xinzo saldouse coa presentación dos orzamentos para este ano 2016 e que suman 7,675.776 euros. Deste total, 4.726.752,15 euros teñen como destino pagar as nóminas de funcionarios e persoal laboral, o que supón que preto do 62% do total do orzamento se gaste nesta partida. Esta cantidade engorda nunha parte polo anuncio de que se lle devolverá ó persoal o 25% das pagas extras suspendidas en 2012. O concello seguirá coa reducción do salario ós traballadores fixada agora nun 7,5%.

Neste senso a oposición reprochoulle ó alcade o feito de que Xinzo estea entre os 20 concellos de España que máis gasta en persoal. Antonio Pérez respondeu sinalando "que farían vostedes para non pagarlle ó persoal?un ERE?".

Membros oposicion xinzoOutro dos puntos máis conflitivos da sesión foi o da partida para inversións que se reduce drásticamente ata os 60.000 euros para todo o ano. A propia memoria das contas recolle que só se faran novas inversións en caso de recibir algunha subvención da Administración e sempre que non supoña un custe para as arcas municipais. A oposición botoulle en cara que se apuntan os tantos a conta doutras administracións e que 60.000 euros en inversión é unha cantidade mínima en comparación con outros anos nos que se destinaban ata 2 millóns.

Pola súa banda o alcalde quixo deixar constancia de que grazas a súa xestión conseguiron reducir a débeda nestes 3 anos e baixaron o tempo de pago a provedores.

A presentación dos orzamentos rematou co voto a favor do Partido Popular e os votos en contra da oposición.