Ourense acollerá aos mellores oradores universitarios de España

DSpMYmiW0AIyNCr
Ourense acollerá aos mellores oradores universitarios de España

O certame estará dirixido polo limián Iván Olmos.

Os mellores oradores de España daranse cita en Ourense no "III Torneo de Debate Escuela de Finanzas - Ourense Termal", un evento que contará coa co-organización da Deputación de Ourense, da Escuela de Finanzas e da Fundación Venancio Salcines e que estará dirixido polo limián Iván Olmos, director da Aula de Debate da Escuela de Finanzas e segundo mellor orador do mundo en 2017. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmou, na reunión celebrada no Pazo Provincial co propio Iván Olmos e con Venancio Salcines, presidente da Fundación "Venancio Salcines", a colaboración da institución provincial para que Ourense acolla este evento.

O apoio institucional da Deputación de Ourense daralle a este torneo un importante impulso no ámbito nacional, evento no que se darán citan 80 debatintes de toda España, integrados en 40 equipos, e 30 xuíces nacionais e internacionais. Será o primeiro evento destas características que se celebre en Ourense, e suporá tamén a primeira vez que en Galicia se compite a nivel nacional co formato internacional de British Parliament.