A outra Sra. Lama, postúlase para ser a segunda alcaldesa de Xinzo

A outra Sra. Lama, postúlase para ser a segunda alcaldesa de Xinzo

"Creo que a miña experiencia durante estes 8 anos na Deputación é suficiente para acometer este novo reto: "Xa estou preparada"

Montse Lama (C’s) postúlase como a mellor situada para asumir a Alcaldía, pactando cos antigos compañeiros do PP, e apoiada por eles.

Seguimos a informar das reaccións dos compoñentes da Corporación Municipal de Xinzo, trala noticia da dimisión de Elvira Lama.

Nesta ocasión contactamos con Montse Lama, do partido dos Cidadáns, que, trala renuncia de Amador Díaz a ocupar a Alcaldía que por quenda lle correspondía, parece ser a mellor colocada para ocupar a cadeira vacante. Ela mesmo nos informa que se está negociando cos seus antigos compañeiros do PP a posibilidade, pouco menos que certeza, de converterse na quinta ocupante da Alcaldía desde fai menos de dous anos, e segunda muller en facelo, tras a propia Elvira Lama.

                               Os motivos de que isto sexa así, é, segundo a propia Montse Lama, son, primeiro, as ganas de reconciliación, trala a saída dela do PP de maneira abrupta, para pasar a militar en Cidadáns, que teñen os seus antigos correlixionarios do PP, algúns deles actualmente Concelleiros de esta Corporación. En palabras da propia Montse, e de bos cristiáns (ou cidadáns. A liña non se escoitaba ben) perdoar. E ela xa o fixo.

E o outro motivo, de peso, e o económico: A coincidencia do primeiro apelido ca Alcaldesa saínte, e ser as dúas mulleres, fai que toda a carteleira onde se escribiu “Sra. Lama”, pódese aproveitar. “Os tempos non están para malgastar”, en palabras da Sra. Lama (Montse Lama, por aclarar).

Precisa tamén, para que os números cadren, o apoio de algún dos outros Concelleiros, pero está segura que non terá ningún problema nese asunto.

De fontes próximas o grupo de Concelleiros do PP, nos confirman esta información, engadindo ademais que continúan as negociacións para pechar o acordo con Montse Lama o antes posible. Ten xa o visto e prace do Presidente Provincial do PP, Sr. Baltar, grazas as boas relacións que a propia Montse Lama mantén co grupo do PP na Deputación (as veces), e, en palabras do portavoz popular en Xinzo: “Preferimos manternos en segunda liña, e seguir aprendendo dos erros dos outros. Ate agora só puidemos aprender dos nosos, que tamén foron moitos e variados”.

Volveremos a ver amor fraternal entre todos eles.