A Pantalla estará, como sempre, presente na "Mascarada Ibérica"

Presentación do VI "Festival Internacional Vibo Mask Mascarada Ibérica".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI edición do "Festival Internacional Vibo Mask Mascarada Ibérica". O acto contará coa p
A Pantalla estará, como sempre, presente na "Mascarada Ibérica"
Celebraráse do 8 ao 12 de xaneiro en Viana e Vilariño de Conso

40 persoas de Xinzo participarán na VI "Mascarada Ibérica" que hoxe se presentou en Ourense na Deputación Provincial. Delas 30 irán vestidas de pantalla e o resto irán de apoio ao grupo.

A Deputación de Ourense colabora con este evento cultural que se celebrará do 8 ao 12 de xaneiro, en Viana do Bolo e Vilariño de Conso

A VI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica “ViBoMask” reunirá a 45 grupos procedentes das catro provincias galegas e de diferentes lugares da xeografía española como Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha e o País Vasco, aos que sumarán grupos de Portugal e Italia. A presentación deste evento cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; e os membros da asociación “Robreda” de Viana do Bolo, Jorge Domínguez e Pedro Basalo.

A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que é “un anticipo dun dos maiores eventos culturais da nosa provincia, o Entroido” e desenvólvese en zonas rurais onde “se conservan as verdadeiras raíces da tradición e sinais de identidade”, salientou Rosendo Fernández. Neste mesmo sentido, Secundino Fernández dixo que este evento celébrase “nun concello no que o Entroido vai no ADN da xente” mentres que, Melisa Macía aludiu á crecente afluencia de participantes en cada edición grazas “ao labor que desenvolven as asociacións de ambos concellos e á implicación da sociedade”.

Pola súa parte, Pedro Basalo explicou que intentaron dar “un novo enfoque a esta celebración que pretende conxugar o encontro de máscaras cunha implicación na vida cultural, sobre todo, coa concienciación da sociedade en canto á importancia destas tradicións e destas mascaradas para a identidade dos pobos que as levan”. Así mesmo, nesta edición “temos, en particular, un intercambio cultural cos “Mamuthones e Issohadores” da illa de Sardeña, porque en xuño viaxamos alí e entendemos que a mascarada precisaba crecer, por elo, este ano se chama “ViBoMask” e ampliamos o programa con actividades culturais”, engadiu Pedro Basalo.

Jorge Domínguez destacou a implicación da mocidade de ambos municipios neste evento que pretende “dar a coñecer as nosas tradicións”, afirmando que “un pobo que perde as súas tradicións, perde a súa identidade”.