As “pantallas” tomaron Lisboa

2
As “pantallas” tomaron Lisboa

O Entroido de Xinzo viaxou ao Festival Internacional da Mascara Ibérica que celebrarase en Lisboa

As Pantallas do Entroido de Xinzo participan na XIII Edición do Festival Internacional da Mascara Ibérica que se celebrara en Lisboa este 19 e 20 de maio.

Preto de corenta persoas desprazáronse ata a Capital portuguesa para representar ao Entroido de Xinzo nunha das accións exteriores que conta con maior proxección internacional. No festival da máscara ibérica participan mais de medio cento de carnavales tradicionais da península.


1Os Entroidos Ourensans terán unha ampla representación neste evento.Coas Pantallas de Xinzo, estarán en Lisboa outras moitas mascaras do carnaval Ourensano. O Festival Internacional da Mascara Ibérica, pioneiro no seu momento neste tipo de manifestacións, esta considerado un dos máis importantes eventos de cantos se celebran ao redor dás tradicións do Carnaval, as súas máscaras e personaxes. Ademais do multitudinario desfile do día 19, estes dias en Lisboa prográmanse distintos eventos relacionados coa tradición do entroido.