AS PANTALLAS DE XINZO VIAXAN A LISBOA

IMG_8064
AS PANTALLAS DE XINZO VIAXAN A LISBOA

Onte foi a última reunión de preparación dun grupo de case 50 mozos que hoxe de mañá cedo viaxarán ata Lisboa para participar con outros grupos de España e Portugal, ademais dun invitado de Italia.

As 16,30 comezará o desfile polas principais rúas da cidade de Lisboa tan emblemáticas como a Rúa do Comercio ou a praza do Concello.

Unha vez máis as pantallas levarán a representación non solo da nosa máscara de entroido se non da nosa festa do entroido.