Papa Noel, o Apalpador e os Reis Magos virán este ano pola rede

Papa Noel, o Apalpador e os Reis Magos virán este ano pola rede

Cada neno ou nena poderá falar co seu favorito dende a súa casa

O concelleiro de Cultura Ramiro, presentou a nova maneira que Terán os menos e nenas do Concello para poder poñerse en contacto con Papá Noel, O Apalpador ou con cada un dos tre reises Magos, este ano por mor da pandemia, terá que ser virtualmente.

Esta alternativa consistirá en facilitarlle a todos os nenos e nenas da vila un contacto directo por vídeo-chamada coa personaxe que elixan: Apalpador, Papa Noel ou Reis Magos. O único requisito é dispor dun teléfono móbil con whatsapp (que incluso llo facilitará o Concello a quen non o teña) e inscribirse antes do 17 de decembro para recibir a chamada do Apalpador ou Papa Noel e antes do 29 de decembro para que sexan os Reis Magos quen chamen (máis información no teléfono 641 585 245 ou na web http://nadal2020.xinzo.gal/).