Parada de Ribeira en Xinzo, tamén se engalana para o Nadal
Mulleres, principalmente, homes e moitos rapaces se encargaron de todo
Unha das actividades da Asociación de Mulleres “ AS BUBELAS” de Parada de Ribeira en Xinzo aproveitaron este fin de semana, despois das matanzas para confeccionar os elementos decorativos que logo foron repartindo por cruces, prazas, e como non na igrexa do pobo para que no día de hoxe e durante todo o Nadal, o pobo estea máis bonito.

Mulleres, homes e moitos rapaces
Pero non solo eran as mulleres as que traballaron, se non como non podía ser doutra maneira, nunha boa asociación de mulleres que se “precie”, os homes tamén as acompañaron nos traballos, e sobre todo da gusto ver a imaxe, practicamente esquecida, de moitos nenos nos nosos pobos, cousa que aquí acontece.

CEA DE CELEBRACIÓN
Unha vez rematados os traballos de decoración, iso si, solo as mulleres trasladáronse ata o local social que ten o pobo para celebrar unha cea de Nadal, na que non faltou de nada, incluídos os cantos que chegaron ata altas horas da madrugada.