Parece ser que neste sitio non lle gustan as bicicletas

pedras camiño
Parece ser que neste sitio non lle gustan as bicicletas

Nin as motos, nin que pasen os cazadores….

pedras camiño

Un grupo de amantes das bicicletas de montaña e polo mesmo amantes da natureza encontráronse estes días cun camiño PUBLICO cortado por unhas pedras de grandes dimensión, que foron postas nese sitio coa axuda dun tractor ou dunha máquina.
Anteriormente xa apareceran outras de menor tamaño e os afeccionados tiveron que retiralas polo risco que corren as persoas que por alí transitan, posto que de baixada poden producir uns danos moi considerables para os practicantes dos deportes de montaña.
Queren denunciar publicamente os feitos para que as autoridades, a quen lles corresponda tomar medidas, o fagan antes de que ocorra calquera desgracia e despois todos nos botemos as “mans a cabeza”.