PAREDES e ZOS “Xinzo e Trasmiras” unidos polo PONTONFEST
As comisións dos dous pobos levaban anos intentando FACER UNHA FESTA CONXUNTA

As comisións de festas de Zos e Paredes, dous pobos dos concellos de Trasmiras e Xinzo, separados polo rio de Faramontaos, pero unidos polo Pontón, levaban varios anos intentando facer unha festa conxunta. Chegou a pandemia e todo quedou paralizado, pero este ano puxéronse outra vez ao traballo e así naceu PONTONFEST
26 de agosto a partir das 23:30
Este venres a partir das 23:30 comezará a primeira edición do PONTONFEST que terá como invitados a SPACE- DJ POPY- DISCO MÓVIL “BOB DISCO” e DJ MARTHA GARCÍA.
A organización corre a cargo da asociación O CRUCEIRO e contan coa colaboración dos concellos de Xinzo e de Trasmiras.
A música, e o baile están garantidas ata que o corpo aguante, a escasos 10 metros do PONTÓN que une Zos e Paredes.