Ou Parque eólico ou Parapente

Campionato de parapente 2022
Ou Parque eólico ou Parapente

Estas dúas cousas son incompatibles (Representante club parapente de Baltar)

Si a indignación dos veciños era moita na tarde de onte que xa saíu a información publica para alegacións o Parque Eólico que afecta de pleno a Serra do Larouco, moita máis era entre os membros do club de parapente.

Enrique manifestaba na tarde de onte sábado a este medio que era algo inconcibible por moitos motivos.

Este ano logramos que se fixeran varias probas, entre elas unha do campionato do mundo. Moitos foron os pilotos, de todas as partes de España e Portugal que case un mes estiveron adestrando e competindo dende a Serra.

Non entendemos que a Deputación se gastara case que 400.000 € en facer unha pista asfaltada para chegar aos despegues e que todo iso que agora para nada.

Non falemos do impacto medioambiental e visual que levará a instalación deses muíños de vento de máis de 90 mt. de alto. Algún deles que vai preto de Sendín, está a menos de 400 mt. das casas e vaille facer sombra nas mesmas.

XA ESTÁN PREPARANDO AS ALEGACIÓNS

Na tarde do sábado xa se puxeron en comunicación coa plataforma STOP EÓLICOS, para no prazo máis breve posible comezar a preparación das alegacións.

Apoio da Federación Española e Internacional de deportes aéreos

Dende que están esperando este momento, xa se puxeron en contacto coa Federación Internacional a cal firmará tamén as alegacións contra a instalación do Parque.

O CONCELLO FARÁ O QUE QUEIRA O POBO

Onte a mañá Enrique, como empresario e membro do club xa se puxo en contacto co alcalde para preguntarlle que pensaba facer como representante do concello directamente afectado e este contestoulle que faría o que o pobo quixera facer. Para Enrique esta foi unha resposta que deixa pouco campo para a dúbida.

El verá manifestou Enrique, en menos de 7 meses terá que presentarse ao veredicto das furnas nas eleccións do 28 de maio.