O Partido Popular insiste en que a forma de proceder do cuatripartito esta prexudicando ao concello de Xinzo

Grupo popular en Xinzo
O Partido Popular insiste en que a forma de proceder do cuatripartito esta prexudicando ao concello de Xinzo

RETA A ELVIRA LAMA E AO CUATRIPARTITO, A FACER UNHA AUDITORÍA DA XESTIÓN DAS ANTERIORES LEXISLATURAS E EXPOÑER OS SEUS RESULTADOS PUBLICAMENTE.

O Partido Popular de Xinzo contesta a rolda de prensa de Elvira Lama, flanqueada polos Tenentes Alcaldes Amador Diaz e Manuel Perez, botando balóns fora e descualificando a actual Interventora, afirmando que esta equivocada, e pouco menos, que non se entera.

O Partido Popular insiste en que a forma de proceder do cuatripartito esta prexudicando ao concello de Xinzo: A gravidade que supón saltarse os procedementos administrativos que dan cobertura legal e presupuestaria as contratacións e os pagos a provedores, mediante os preceptivos informes técnicos, foi o que fixo afirmar categoricamente a Interventora, que se esta prexudicando ao Concello de Xinzo. Non o di o Partido Popular. O di a Interventora Municipal.

Por este modo escurantista e irresponsable de actuar da Alcaldesa e do seu goberno, o Partido Popular asesorase sobre posibles accións legais e consecuencias penais que este prexuízo causado deliberadamente e recoñecido no Plenario podería ter para os infractores.

Para xustificar a gravidade da actuación que motivou o Reparo, malia votar a favor do mesmo recoñecendo a sua culpabilidade, emendan o informe duna profesional de carreira, erixíndose interesadamente en xuíces e parte, con afirmacións como que “custa crela”, e por tanto, deslexitimando a profesionalidade e o extenso informe de intervención que como consecuencia do mesmo paralizouse o pago de facturas por importe de 167.000 euros, como recoñeceu a Alcaldesa nunha das moitas contradicións da rolda de prensa: E certo, dixo, que “certas bolsas de vinculación xurídica carecen de créditos para poder pagalas”, co conseguinte prexuízo para os provedores.

A rolda de prensa foi unha pantomima, entre lastimeira, autoritaria e desafiante, para botarse flores, sin entrar, eso si, no detalle dos números e resultados en obras concretas da sua xestión, e moito menos sin entrar nun so detalle dos gastos realizados, nin da utilización do importante remanente municipal que herdaron do anterior Goberno Popular.

A rolda de prensa, serviulles tamén, unha vez mais sin escatimar descalificativos e ameazas, despois de tres anos e medio de goberno, para botarlle a culpa de todas as adversidades que están pasando no concello, ao PP e ao ex Alcalde, “inhabilitado” remarcou Elvira Lama, referíndose a Antonio Perez Rodriguez.

Insistindo nunha herdanza catastrófica sin aportar un solo dato, limitándose a calumnia e a acusación sin probas. Unha catastrófica situación que paliaron no Cuatripartito poñéndose dende o primeiro momento substanciosos sueldos nas dedicacións exclusivas.

O Partido Popular, non vai consentir ao Cuatripartito estas acusacións gratuítas, sin ningún tipo de informe técnico que as respalde ou corrobore, e RETA A ELVIRA LAMA E AO CUATRIPARTITO, A FACER UNHA AUDITORÍA DA XESTIÓN DAS ANTERIORES LEXISLATURAS E EXPOÑER OS SEUS RESULTADOS PUBLICAMENTE.

Non o van a facer, porque A SITUACIÓN ECONÓMICA QUE HERDARON DOS ANTERIORES GOBERNOS DO PP FOI EXEMPLAR, EFICIENTE, TRANSPARENTE E ABSOLUTAMENTE ESTRITA CO CUMPRIMENTO DOS PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS E DE TODOS OS PRECEPTOS LEGAIS.

Grazas a aquela xestión eficiente, responsable e transparente o actual goberno, herdou unha situación privilexiada, cun promedio de pagos de facturas entorno ao mes, e unha débeda moi por baixo do limite legal establecido polo Goberno do Estado. Ademais deixou ao Cuatripartito unha morea de convenios asinados e outras tantas obras en marcha.

Na Rolda de Prensa, finalmente, despois dun discurso que lle escribiron, estudado o milímetro e leido sin saírse do guión pero cheo resentimento e de contradicións, a Alcaldesa e os Tenentes Alcaldes, Amador Diaz e Manolo Perez, acabaron recoñecendo textualmente que “CLARO QUE GASTAMOS NESTES TRES ANOS MAIS DO QUE PREVEIAMOSOS, pero nin un so euro, dixeron, que non estivera destinado a cubrir os servicios e as necesidades da cidadania”

ESTARASE A REFERIR A ALCALDESA POR EXEMPLO, A OS DOUS SUBSTANCIOSOS CONTRATOS DIRECTOS DO MATRIMONIO SEARA-CARBALLO?.

OU AS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS QUE SE PUXERON NADA MAIS CHEGAR AO GOBERNO, a pesar de como din estaba o Concello en banca rota. Para cobrar eles polo visto había cartos.

Para Rematar a Rolda de prensa, A ALCALDESA PÚXOLLE A GUINDA DO PASTEL: Ademais do ben que o fan, dixo mentres os tenentes de alcalde baixaban a mirada… que “...procuramos recursos adicionais para diferentes proxectos que xa ESTÁN EN MARCHA POR IMPORTE DE CASE 50 MILLÓNS de euros…” Os veciños fartos de promesas pregúntanse DONDE ESTÁN ESAS OBRAS, E QUE FIXERON CON TODA ESTA CANTIDADE DE CARTOS?

A REALIDADE É QUE AS OBRAS, OS CONVENIOS E AS CONSIGNACIÓNS MILLONARIAS NON SE VEN POR NINGURES, NIN TAMPOUCO AS REFLEXAN OS PRESUPOSTOS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS. SOLO SE VAN VENDO AS OBRAS QUE HERDARON DO PARTIDO POPULAR E AS QUE ESTÁN A FACER A XUNTA E A DEPUTACIÓN.