O Partido Popular de Xinzo, acusa de arborecida ao Goberno cuatripartito de Elvira Lama

325561874_571659341127172_7610720835941336613_n
O Partido Popular de Xinzo, acusa de arborecida ao Goberno cuatripartito de Elvira Lama

Por cortar árbores sans como os da Praza dos ovos fronte a Igrexa nova, para xustificar a contratación de empresas “amigas”.

O Partido Popular, recorda que no informe que chamaron “de estabilidade e risco das árbores presentes nos parques da vila” presentado na casa da Cultura en marzo do 2021, ós autores do mesmo fixeran unha valoración, literalmente “mais positiva que negativa” do estado das arbores da vila, concluíndo que estaban en mellor estado do esperado.

A recomendación do informe do 2021, era que se tomaran medidas “drásticas” e urxentes con “algúns exemplares“, cousa que se fixo naquel mesmo ano, no que se cortaron varios exemplares podres, enfermos, ou que representaban un potencial perigo de accidentes.

cats
cats

Dende o 2021, certo é, que podería ter que ser retirado irremediablemente algún novo exemplar que sufrira un grande deterioro, ou mesmo que tratar fitosanitariamente algúns outros para sanealos.

Pero que en apenas dous anos, é de repente, aparézanlle a Elvira Lama ducias de árbores podres, solo ten a explicación do contratiño e da fotiño que tanto lle gusta a Alcaldesa e a os concelleiros do Bloque, PSOE, o XA, e o AXIL cómplices e artífices do arborecídio Cuatripartito.

Na Praza dos ovos cortáronse árbores sans e saneables, de mais de 40 anos, que reverdecían e dos que agromaban cantidade de follas cada ano por primavera, proporcionando sombra, frescor e vistosidade nesta céntrica praza de Xinzo. Agora erma.

A intención arborecida do Goberno de Elvira Lama responde unicamente ao feito de favorecer a contratación de empresas, para a tala e retirada destas árbores sans, e a de facer a fotiña a beira dos novos exemplares cos que maxinamos os pretenden substituír.

Cousa por certo, que non sempre ocorre porque hai exemplares, como o “Cercis Canadiensis” retirado da beirarrúa fronte ao grupo Santa Mariña, do que nunca mais se soubo, creándose no seu lugar un burato reconvertido en trampa perigosa para tropezar ou caer a xente de cabeza.

Sorprende, o caladiños e caladiñas que están os “Amigos e amigas das árbores da Limia” diante desta desfeita. Ou será que so defenden e aman a natureza arbórea cando gobernan os do Partido Popular?.