O Partido Popular de Xinzo esixe ao cuatripartito de Elvira Lama que remate a instalación da escultura “a dama da lagoa” de Xosé Lois Carreira.

Dama da Lagoa
O Partido Popular de Xinzo esixe ao cuatripartito de Elvira Lama que remate a instalación da escultura “a dama da lagoa” de Xosé Lois Carreira.
É un despropósito que demostra a desidia do cuatripartito, que neste tempo de entroido que visitaran a vila milleiros de persoas, se encontren na entrada da vila cunha rotonda a medio terminar e unha magnifica escultura abandonada sobre ela.

O vindeiro 9 de febreiro, cumpriranse xa tres meses, dende que o Concello de Xinzo pousou desganadamente a Dama da Lagoa de Xosé Lois Carreira na rotonda da pista de Morgade, agora chamada rúa da Lagoa.

A noticia fora acollida con grande expectación e entusiasmo despois de anos de retraso e desidia por parte do goberno de Elvira Lama, para facer o pago dos importes que se adeudaban ao seu autor, e que finalmente pagou a Deputación Provincial.

Tres meses despois o entusiasmo e a expectación volvéronse decepción e rabia por o estado de abandono no que se atopa a magnifica escultura de Xosé Lois Carreira.

Noventa días, polo que se ve, non foron dabondo para que o goberno cuatripartito, do PSOE, BNG, XA, e ÁXIL, reenchera a rotonda de terra vexetal e puxéranlle un sistema de rega e céspede que non faría falta nin sementar porque hai unha empresa Limiá, moi preto da Estatua, que subministra céspede natural en rolos de tepex de colocación inmediata.

Tampouco 90 días foron dabondo, para que o Goberno Cuatripartito, puxéralle a Dama da Lagoa unha iluminación axeitada que realce e destaque a escultura, e mesmo proporcione seguridade a rotonda sobre a que se atopa pousada desganadamente a honorable Dama, para á que propoñemos, si o seu autor o vira axeitado, elevala a lo menos un metro mais sobre a actual base de cimentación, ao xeito do Nexus II Ourensán.

As liortas nas que se atopa sumida a coalición cuatripartita, incapacítaos para xestionar o Concello, e arranxar moitas das desfeitas nas rúas, pistas e camiños. Ou atender minimamente as demandas dos veciños e veciñas.

A decepción polo abandono da Dama da Lagoa, e unha pequena mostra da incapacidade do Cuatripartito de Elvira Lama, que nestes catro anos, non só non foron capaces de responder as demandas de mantemento das infraestruturas existentes, senón que tampouco foron capaces de executar un proxecto propio de importancia, nin un solo proxecto propio executado nestes catro anos.

Pouco teñen que apuntar nos haberes desta lexislatura perdida, na cartilla de servizos ás veciñas e veciños de Xinzo, mais aló de poñerse na foto daquelas cousas que veñen propoñendo e organizando distintas asociacións e comisións, non exentas dos atrancos que lles poñen moitas veces dende o propio goberno cuatripartito, que desgoberna Xinzo case exclusivamente a golpe de promesas, fotos, e electoralistas ideas de última hora; Que non pasan de memorias descritivas, pero que venden mediaticamente, unha e outra vez, como proxectos estelares, iso si, sen dotación económica municipal, demandando que llas paguen outras institucións.