O Partido Popular de Xinzo de Limia iniciou o curso político este venres 28

mitin.PPOU.en.xinzo.16
O Partido Popular de Xinzo de Limia iniciou o curso político este venres 28

Nunha reunión na sede local presidida por o Portavoz Municipal Antonio Fernandez Veiga, e polo Presidente da Xestora Local, o ex concelleiro de cultura e Diputado Autonómico Carlos Gomez.

Esta foi, según os responsables do Partido, o primeiro dunha serie de encontros que en grupos reducidos por causa da Pandemia, teñense programadas para os vindeiros meses coa finalidade de reactivar o partido Popular coa vista posta nas municipais do 2023, despois de casi dous anos de parón das suas actividades e reunións.

Nesta primeira xuntanza, Fernández Veiga, Portavoz do Grupo Municipal do Grupo dos populares, realizou unha valoración crítica coa xestión do Cuatripartito no Concello de Xinzo dende que asumiran o goberno municipal no ano 2019, e un balance da actividade que ven desenvolvendo o Grupo Municipal Popular dende a oposición.

No segundo punto, pola sua banda Carlos Gómez, fixo un percorrido pormenorizado da situación do partido, que leva cinco anos sin presidente Local dende que se dera de baixa de militancia do PP no 2017 o ex Alcalde Antonio Pérez. E xa oito anos sin celebrar un congreso local, para elexir ao comité, cuestión esta que levou ao Executivo Provincial a tomar a decisión de nomear unha Xestora temporal en Xinzo ate a celebración do próximo congreso local, acordo que foi votado o pasado dia 8 de novembro por unanimidad dos membros do Executivo Provincial, a proposta do seu Presidente José Manuel Baltar Blanco.

Tamén se explicaron as funcións e cometidos temporais da Xestora, e dos grupos de traballo que se están a formar, coa intención de tender a man e abrir as portas do partido a todos os militantes votantes e simpatizantes desta formación, incluso a os descontentos ou aqueles que deixaran de prestarlle o apoio nas últimas municipais.

Rematou a xuntanza cunha rolda de preguntas e suxerencias por parte dos asistentes.