O Partido Popular de Xinzo organiza un mitin coa presenza de Núñez Feijóo

FEIJOO
O Partido Popular de Xinzo organiza un mitin coa presenza de Núñez Feijóo

O presidente da Xunta de Galicia e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, visita Xinzo este venres para participar nun mitin. O acto terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes ás 20.30h.

No acto tamén van intervir o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, a número un polo PP de Ourense, Marisol Díaz, o presidente provincial do PP ourensán, Manuel Baltar e o presidente da Junta de Castela e León, Juan Vicente Herrera.