O Partido Popular de Xinzo pregúntase, a que foi en realidade a Alcaldesa a Strakonice

Grupo Popular PP en Xinzo
O Partido Popular de Xinzo pregúntase, a que foi en realidade a Alcaldesa a Strakonice

En primeiro lugar dende o Partido Popular de Xinzo de Limia, queremos felicitar a Escola Municipal de Gaitas e Percusión, aos seus alumnos, alumnas e profesores por o éxito da participación no XXIV Festival internacional de gaitas de Strakonice na Republica Checa.

Unha das tarefas importantes dos cargos públicos de Concelleiros para arriba, incluíndo Alcaldes e Alcaldesas, debe ser a de representar dignamente as Institucións, os Municipios e aos seus Ciudadans diante doutras instancias en eventos ou delegacións de calquera tipo, sexan políticas, sociais, culturais, deportivas, económicas etc…

Por esta razón o Partido Popular quere comezar recoñecendo tamén o valor en si mesmo do acompañamento institucional coa Banda de Gaitas á Republica Checa, da Primeira autoridade Municipal. Ainda que chama a atención que non o fixera o Concelleiro de Cultura, feito que suscitou numerosos comentarios, xa que unha vez mais, foi eclipsado como se ven facendo cos demais membros do cuatripartito por o omnipresente afán de protagonismo da Sra. Alcaldesa.
O Partido Popular de Xinzo preguntase a que foi en realidade a Alcaldesa?

Esta en boca de todos os veciños e veciñas a teimosa venta “online” da viaxe da Alcaldesa reporteira, que puntual, diaria e reiteradamente foi filtrando e divulgando nas redes sociais o minuto e resultado da súa epopea internacional. Foi quizais para iso?.

Pois parece que si. Moito mais a promocionarse e exhibirse, que como acompañante institucional nos actos institucionais, que sería normal e o esperado e ven sendo o protocolo habitual dos acompañantes políticos; Elvira lama quixo mostrarse como a autentica protagonista e estrela da expedición polo que se ve nas 30 entradas do su Facebook cunha media de catro o día, coas case que 200 fotografías das que moitas son da sua persoa, mesmo selfies, e cos mais de 25 vídeos, moitos tamén nos que se grava a ela mesma comentando a experiencia turística na Republica Checa…

Nin Profesores nin alumnos, que podería ser mais entendible, exhibíronse con tanta intensidade.

Pero como considerou que esta era a súa viaxe, foi relatando publicamente as incidencias e pormenores da sua experiencia, nunha especie de caderno de bitácora con abundante profusión -faltaría mais- desas fotografías súas, e mesmo selfies propios, cal tripulante con mando en tropa da nave Enterprise, en expedición intercontinental, o pensaría intergaláctica.
“Vamos que nos vamos” escribe a Sra. Lama. Saida da estación de autobuses de Xinzo, e, despois de algunhas horas de viaxe, emite a primeira mensaxe dende o propio autobús con fotografías dos membros da banda no seu interior:
“…O cansazo acumulado desta fin de semana de Esquecemento fixo mella e a maioría da expedición botaron unha boa “soneca”. Levamos 20 horas de viaxe e estamos no medio da campiña francesa, de enormes pastos e vacas charolesas.

Próxima parada para estirar o corpiño e relevo de condutor…”

(Este incrible paragrafo entre aspas, cargado de realismo máxico, esta transcrito literalmente, aínda que pareza incrible, do Facebook da Sra. Alcaldesa…).
O caso é que a política en Xinzo nesta lexislatura estase por desgracia, parecendo moito a un deses capítulos interestelares do Enterprise, dirixida por o Tenente Data-Carballo e protagonizada pola comandante Spok-Lama. So que estes tripulantes carecen de ideas e iniciativas, nin unha sola iniciativa nova en catro anos, e moito menos souberon realizar inversións relevantes durante esta lexislatura.

Limitáronse a facer unha política continuadora, menos mal!, dos logros e da herdanza dos Gobernos Populares. O que unha vez mais deixa a descuberta a necesidade de buscar desesperada outro tipo de protagonismos, é pon de manifesto neste caso, que en realidade, a Alcaldesa foi a Chekia coa Banda de gaitas para proxectar unha imaxe maternalista, tentando mellorar a deteriorada imaxe que ten como Alcaldesa entre a maioría da poboación Limiá, e de paso, tentar tamén distraer da falta de xestión e dos problemas que acúcian aos veciños do Concello, que son moitos e moi graves, con xestos populistas, frases estudadas, e moreas de fotos para que pareza que algo se esta facendo…
Unha xestión municipal que a piques de rematar a lexislatura, non pasou das promesas e dos discursos que cheiran a fumo, e que xa ninguén se cree, aínda que como di o lema do Tenente “Data Carballo” seguirán intentando “vendernos unha xestión que non existe, sin que pareza que nos están intentando enganar”.
Cada dia que pasa a veciñanza esta mais farta destas políticas de fotos e frases bonitas, e das mentiras do Goberno cuatripartito da Socialista Elvira Lama, que en definitiva son do mesmo estilo e o mesmo fiasco que as do seu admirado e imitado xefe político, o inefable Pedro Sánchez.
Unha e o outro, Lama e Sanchez, non dubidaran en facer o que sexa para tentar permanecer ao fronte dos seus respectivos gobernos, aínda que o desastre evidente das súas políticas e da falta de xestión a estean pagando todos os Ciudadans e Veciños e, o atraso que suporán para a Vila, os Pobos do Concello e mesmo para a comarca pagarémolo durante anos.

Menos fotos e mais xestión Señora Alcaldesa e Señores do Cuatripartito