A partir de mañá mércores, 8 de febreiro, ábrese o prazo aos particulares da solicitude das axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos

A partir de mañá mércores, 8 de febreiro, ábrese o prazo aos particulares da solicitude das axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos

Ata que se esgote o crédito, sendo a data límite o 30 de setembro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, anunciou que a partir de mañá mércores, 8 de febreiro, ábrese o prazo aos particulares da solicitude das axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos ata que se esgote o crédito, sendo a data límite o 30 de setembro. Estas axudas poderán solicitarse nos establecementos comerciais adheridos dende o pasado 18 de xaneiro e ata o 30 de xuño, que a día de hoxe suman un total de 60.

plan-Renove-electrodomesticos-lasayudas

Enmarcada no Plan de medidas específicas para o comercio galego e co obxectivo de apoiar a transición enerxética, os apoios do programa Galicia Renova Electrodomésticos están dirixidos a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.

As axudas son de concorrencia non competitiva -por orde de solicitude- e tramitadas a través de entidades colaboradoras. Os apoios poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e do 50 ou 75% para os consumidores con máis dificultades, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario. Os particulares poderán solicitar as axudas a partir do 8 de febreiro e ata que se esgote o crédito, sendo a data límite o 30 de setembro.

O listado de establecementos adheridos por provincias e concellos pode consultarse na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), no apartado Plan Renove Electrodomésticos 2023 ou na web https://appsinega.xunta.es/IN414B_2021/consulta/. Na provincia de Ourense hai inscritas 60 ata agora.