A partires deste xoves 20 de agosto, os usuarios do Servizo Galego de Saúde poden escoller o seu Enfermeiro/a na Atención Primaria

AGEFEC_Cartel Libre Elección Enfermeira 20 agosto
A partires deste xoves 20 de agosto, os usuarios do Servizo Galego de Saúde poden escoller o seu Enfermeiro/a na Atención Primaria

Baixo o lema \“O teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfermeiro/a\” a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lidera unha campaña informativa aos usuarios do SERGAS

A partires deste xoves 20 de agosto, os usuarios do Servizo Galego de Saúde poden escoller o seu Enfermeiro/a na Atención Primaria

Baixo o lema \“O teu dereito, a túa saúde. Elixe o teu enfermeiro/a\” a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lidera unha campaña informativa aos usuarios do SERGAS.

AGEFEC_Cartel Libre Elección Enfermeira 20 agostoDespois de moito tempo, unha das reivindicacións históricas do colectivo enfermeiro da Atención Primaria Galega, é logrado coa entrada en vigor do Decreto 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia.

Baixo a premisa \“A confianza no profesional que te atende é fundamental\” a Sociedade Científica que aglutina aos Enfermeiros/as da Atención Primaria de Galicia, ven de poñer en marcha unha campaña informativa aos usuarios do Servizo Galego de Saúde para que coñezan este dereito que poderán exercer a partires do 21 de agosto deste ano.

En palabras de Francisco Jesus Represas, Presidente da AGEFEC salientou que \“Ata agora se querías escoller outro Enfermeiro/a había que cambiar conxuntamente co Médico de Familia, a partires deste venres, o usuario terá a liberdade para escoller os profesionais nos que máis confíe.\”

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) destacase ademais que este cambio permitiralles a poboación en xeral, as familias e aos individuos en particular coñecer en todo momento a Enfermeira de referencia responsable dos seus coidados, o que lles permitirá mellora-lo proceso de comunicación Enfermeira-Paciente, o que incrementará a eficacia na continuidade de coidados en calquera proceso de saúde-enfermidade, feito que anteriormente se podía ver comprometido xa que o paciente non podía levar a cabo unha asignación concreta de Enfermeiro/a.

Ademais a Libre Elección Enfermeira debe levar consigo melloras organizativas que redundarán en melloras asistenciais para os usuarios.

http://www.agefec.org/?p=1804

http://saladecomunicacion.sergas.es/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&IdNova=8486