ANTE A PASIVIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL DE XINZO O GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA DEMANDA NA DEPUTACIÓN QUE SE REUBIQUE O PASO SOBREELEVADO DE PARADA DE RIBEIRA

33333
ANTE A PASIVIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL DE XINZO O GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA DEMANDA NA DEPUTACIÓN QUE SE REUBIQUE O PASO SOBREELEVADO DE PARADA DE RIBEIRA

O paso de camións de gran tonelaxe ocasiona graves danos estruturais ás vivendas situadas a ambos lados do paso e problemas de saúde nos moradores debidos ao ruído procedente do tránsito

NOTA DE PRENSA DO GRUPO SOCIALISTA DE XINZO

Os socialistas piden que se elaboren os informes necesarios para autorizar o cambio do paso sobreelevado xa que se trata dunha estrada, a OU-1112, de titularidade provincial.

O grupo provincial socialista vén de presentar unha solicitude, a través da deputada provincial e portavoz socialista en Xinzo, Elvira Lama, para que se reubiquen, de forma urxente, os redutores de velocidade ubicados na OU-1112, ao seu paso por Parada de Ribeira (Xinzo). O PSOE faise así eco das queixas da veciñanza, cansos de que a intensidade do tráfico e o tránsito de camións de gran tonelaxe prexudiquen o seu descanso e o estado dos seus inmobles. “Hai dúas casas, concretamente, situadas a ambas marxes da estrada que están gravemente danadas e o paso continuo destes vehículos está afectando á súa estrutura”, sinala a deputada socialista.

22222Os camións teñen que, efectivamente, pasar por esa vía para abastecer ás granxas da zona así como dar servizo á canteira, por iso os socialistas solicitan da deputación que se proceda de forma urxente á reubicación do paso sobreelevado onde están colocados os redutores mencionados. Indican, desde o grupo socialista, que o paso pode ser reubicado a escasos metros de onde está hoxe en día, onde non hai casas habitadas hoxe en día, en ambas marxes.

Así mesmo, Elvira Lama denuncia que, “a falta de drenaxe provoca que se formen charcos a ambos lados do paso así como asolagamento das beirarrúas das casas. O ruído continuo polo paso de camións día e noite non lle deixa conciliar o sono nin aos moradores destas casas”. Esta problemática foi exposta, en numerosas ocasións, polos titulares das vivendas situadas nos predios onde está colocado o paso sobreelevado , en concreto a todos os alcaldes que levan pasado pola alcaldía de Xinzo neste mandato, sen que, polo de agora, lles ofrecesen unha resposta axeitada ás súas demandas.

Debido á inacción do goberno municipal neste caso, o grupo provincial socialista decidiu rexistrar unha solicitude na que se lle require á administración provincial, en concreto, ao seu servizo de vías e obras que elaboren os informes técnicos preceptivos para proceder ao cambio do paso, dadas as molestias e graves prexuízos que están a causar nos inmobles e, sobre todo, na saúde das persoas.