Pataca natural de Xinzo para todo o mundo

Amador preparando o primeiro pedido
Pataca natural de Xinzo para todo o mundo

Patatas AMA será o nome comercial

Cansado de ver letreiros polos lugares mais insospeitados de \“Patacas de Xinzo\” no mes de agosto, Amador Penín, coñecido colleiteiro de patacas de Piñeira Seca, quero que ese slogan sexa realmente verdade, e non coa letra pequena que di \“envasada en Xinzo\”.

Pois dende o luns que ven e baixo o nome de patatas AMA, Amador pretende con moita calma, como se fan as cousas , que calquera en calquera lugar de España, poida recibir auténtica pataca da Limia en tan solo 48 horas e a un prezo moi moi competitivo.

Escolleu para elo caixas de 10 e 20 Kg, que chegarán directamente a porta da casa a un prezo para esta tempada de 12 €, todo incluído e de 17, segundo soliciten os 10 ou 20. Neste último caso sairía o Kg a 0,85 €.

As variedades que oferta son a DAIFA, de carne branca, moi axeitada para cocer e AGRIA, mais amárela e que vai mellor para o frito.

Todo isto pódeno realizar entrando na páxina www.patatasama.com e en tan só 48 horas no peor dos casos calquera pode comer patacas auténticas e naturais da Limia.

Neste momento conta xa con todos os rexistros sanitarios e pretende en pouco tempo contar co símbolo de Galicia Calidade.

Outra iniciativa nova que xurde nestas terras, a cal lle desexamos toda sorte de bens.