Patatas AMA, premiada polas cámaras de Comercio e o Banco Santander

Amador Díaz recibindo o premio
Patatas AMA, premiada polas cámaras de Comercio e o Banco Santander

Na V Edición del Premio Pyme del Año

A semana pasada Amador Díaz, propietario da empresa Patatas AMA, recibiu un dos premios dentro da V edición dos premios das cámaras de España e o Banco de Santander 2021, dentro da categoría “Premio reinvención do covid 2019”

O que valorou o xurado foi a iniciativa que tivo nos meses de pandemia, cando a súa empresa puxo a disposición dos produtores de pataca da Limia para poder comercializar, mediante a súa páxina de venta online, da produción que neses momentos se atopaba nos almacéns ao longo de toda a Limia. Gracias a esa iniciativa os produtores de pataca puideron vender toneladas de patacas, nos momentos máis difíciles do mercado. Esta iniciativa vese agora recompensada con este premio.