“Patatas Ama”: O salto do comercio local ó nacional

patatas ama
“Patatas Ama”: O salto do comercio local ó nacional

As patacas limianas chegan xa a fogares de toda España, grazas ó comercio por Internet.

A través da rede, “Patatas Ama” vende a consumidores de todo o territorio nacional ó produto estrela da comarca da Limia.

O seu fundador, Amador Díaz, admite que cando iniciou esta andadura, comezou a traballar cunha clientela que pensaba que o esquecería pronto. “É algo que ocorre a miúdo cos productos de temporada, dun ano para outro pódense perder moitos clientes”, afirma. Ó ano seguinte decatouse de que iso non ocorría coas súas patacas: “As peticións dos clientes eran constantes e o grauciño de area ía medrando”.

IMG_9385O xerente das patacas limianas móstrase satisfeito de que ese pequeno grao continúe a medrar, ata que algún día se convirta en montaña. Polo momento, “Patacas Ama” xa conta coa súa primeira contratación: un novo integrante na plantilla que se encargará exclusivamente da venta telemática.
Amador, lonxe de fachendear, recorda as dificultades dos seus comezos: “ó principio, ninguén cría en min, en que podería acadar os obxectivos que me plantexaba”. O tamén tenente alcalde de Xinzo recorda cun certo ton melancólico as dificultades que atravesou a empresa na que tanto tempo e esforzos ten invertido. Entre outras cousas, o confinamento e a posterior crise exonómica e social provocada polo coronavirus: “O 2020 está a ser un ano complicado para todos e coma moitas outras empresas locais, Patatas Ama non estaba preparada para todo o desbaraxuste que se produciu”.Instantánea - 540

Agora, con distancia, Amador saca algunhas cousas positivas daquel mes de abril que tanto custou superar. Está especialmente orgulloso de ter axudado ós seus compañeiros, “ou polo menos intentalo” -engade entre risas-. O limián explica que a pataca por antonomasia, a máis demandada, acostuma a ser a Kennebec así que o crecemento do reclamo de pataca agria supuxo unha sorpresa e unha gran noticia para os agricultores da zona: “Creo que o máis importante foi a promoción que lle fixemos á propia pataca da limia, ata onde chegou”.

O produto gustoulle á xente e, polo momento, está a repetir. “Todos os clientes do primeiro ano ségueno sendo na actualidade”, explica Amador, “(...) Incluso moitas persoas maiores que non controlan Internet continúan a chamarme por teléfono para facer os pedidos, sete anos despois”.

Patatas AMA, non descarta o salto a Europa o ano que ven

“Patatas Ama” non se limita ó ámbito provincial: o seu fundador explícalle a este xornal que a agria limiana ten chegado a fogares de toda España. “Debido a algunhas peticións que recibimos de Alemaña”, dende a empresa “non descartamos a opción dos envíos internacionais entre esta tempada e a seguinte” -previo estudo da trazabilidade do produto e dos custos do transporte-.

Amador traballa nestes momentos con tres transportistas: dous con sede en Xinzo e outro con sede en Ourense. En etapas anteriores, a empresa contaba cun só portador, pero o crecemento da compañía acadou un volume tal que comezou a ser inabarcable.

As expectativas de venta deste ano son nada máis e nada menos que do 100% da produción. No pasado mes, “Patatas Ama” recibiu aproximadamente uns 1.600 pedidos; botando unhas contas rápidas e deixando a pertienente marxe de erro, Amador conta con vender uns 30 mil kg/mes durante os próximos seis ou sete meses.

Instantánea - 541

E, como se prepara a empresa limiana para este futuro?

En primeiro lugar, xa cambiamos o cartón por sacos, para que as patacas respiren.Continuamos coa mecanización do selado das caixas e estamos a ampliar as nosa nave cunha pequena inversión en almacenamento e envasado, “Patacas Ama” contará dende agora cunha cámara onde se regularán temperatura e humidade coa intención de conservar un “pouquiño máis” o produto.

Sobre os competidores, o fundador de “Patas Ama” teno claro: “eu sempre dixen que a competencia era boa”. “Ó fin e ó cabo, o mercado é moi grande e eu tampouco teño capacidade para cubrilo todo”, conclúe.