O pavillón de Xinzo terá unha nova megafonía

IMG_20180224_155226
O pavillón de Xinzo terá unha nova megafonía

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou axudas para Sarreaus, Xinzo e Bande

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá aprobou axudas para o Concello Sarreaus unha axuda por importe de 15.000 euros para o equipamento do velorio de Codosedo. Asemade, na reunión aprobouse unha axuda de 6.897 euros para o Concello de Xinzo de Limia para a instalación dun novo sistema de son no pavillón de deportes.

Por último, a Xunta de Goberno aprobou a segunda modificación do convenio entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e o Concello de Bande, para o financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación das obras do proxecto de prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo de Bande. Esta modificación axusta o financiamento do proxecto ao ritmo de execución das obras, tal e como xa se contemplaba no propio convenio.