A pedra caída onte, levou por diante colleitas en Zos e Paredes

Trevoada 1
A pedra caída onte, levou por diante colleitas en Zos e Paredes

En tan solo 10 minutos que durou a tormenta, foron suficientes para que moita da colleita de patacas e cereal quedara estragada.

Fincas de patacas e cereal arrasadas pola pedra que deixou a tormenta

Parte das patacas, segundo nos indican, aínda poderá ser recuperada, pero o cereal está todo na terra, co cal será moi difícil que se aproveite.

SEGUROS AGRARIOS

Nestes casos é cando interveñen os seguros agrarios, pero segundo nos explican no sector, na Limia, son poucos os agricultores que fan estes seguros, sobre todo despois das perdas do ano pasado, por mor da pandemia.

Trevoada 2

AS TORMENTAS SEGUIRÁN ATA O XOVES

Segundo as predicións meteorolóxicas as tormentas nesta zona continuarán ata o xoves. Esperar que non volvan ser coa intensidade da de onte a tarde.