La Pegatina e a escuela de samba a Mocidade de Brasil, no Entroido 2021

1551809236_720851_1551809414_album_normal
La Pegatina e a escuela de samba a Mocidade de Brasil, no Entroido 2021

Elvira Lama, Perez Campos e o resto de concelleiros do grupo de goberno renuncian as asignacións económicas antes de aprobalas, para axudar a organización do mellor Entroido xamais visto.

Un día antes de que se aproben as asignacións por dedicacións no pleno do martes, os beneficiarios, despois de ver a resposta veciñal, unha vez que os medios de comunicación nos fixemos eco das súas pretensións, enviaron un comunicado anunciando que aínda que se aprobe a asignación, este ano van a renunciar a elas, para que se poida organizar un ENTROIDO 2021 diferente.

ACTUACIÓN DE “LA PEGATINA” y Camila Silva da escuela de samba Mocidade

La pegatina

A comisión do Entroido que se reuniu fai unhas semanas fíxolle unha proposta ao concello de organización “especial” para o vindeiro ano entre o que se incluía a actuación do grupo La Pegatina, dende o parque do Toural, con aforo limitado, pero retransmitido por “streaming”.

En principio a proposta foi rexeitada polo seu custe, pero unha vez tomada a decisión da renuncia por parte dos membros do grupo de goberno, xa será factible. Vista a repercusión que tivo estes días a actuación de Raphael con 5.000 persoas, esperan que sexa unha maneira máis de internacionalizar o noso entroido, precisamente neste ano.

Parte da Escola de samba A Mocidade

Debido ao tema da Covid e tendo en conta que este ano se suspenden as actuacións do Sambódromo de Rio de Xaneiro tamén se ofreceron para vir actuar parte dos compoñentes da escuela de samba Mocidade. Serán case un cento de participantes os que se desprazarán ata Xinzo para facer dúas exhibicións, tamén con aforo limitado e retransmitido a todo o mundo, para contribuír este ano máis que nunca a internacionalización do único Entroido galego que conta coa cualificación de Festa de Interes Internacional.