"PEQUENAS CERTEZAS", do grupo de teatro Sarabela, en Xinzo

pequenas certezas
"PEQUENAS CERTEZAS", do grupo de teatro Sarabela, en Xinzo

O próximo sábado día 11 de xullo, no auditorio da Casa de Cultura ás 21:00. ENTRADA GRATUITA

O grupo SARABELA, que dirixe a multipremiada ÁNXELES CUÑA, presenta en Xinzo a obra Pequenas certezas. Está interpretada por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Sabela Gago e Fina Calleja (habituais nos elencos de Sarabela); e conta con Suso Montero para o deseño de escenografía, con Baltasar Patiño para o deseño de iluminación e con Marta Anta para o deseño de vestiario.

A obra escrita pola mexicana Bárbara Colio, Premio Internacional María Teresa León para Autoras Dramáticas en 2004 e apoiada polo fondo Iberescena de Creación Dramática 2011, é presentada como \“unha historia de cruzamentos, suspense e humor\”. A trama explora a situación que se crea coa presenza de alguén a través da súa ausencia: Mario desaparece e, na súa busca, familiares e amigos atopan que as versións de cada un deles en torno á mesma persoa son distintas e ás veces contrapostas.