lunes. 27.03.2023

O pequeno comercio de Xinzo “re-sentido” con ABANCA

Ningún colectivo de autónomos e pequeno comercio foi invitado

abanca2
abanca2

Fai dous días que pola prensa os pequenos empresarios, autónomos e sobre todo comerciantes, os mais abundantes na comarca, decatáronse dunha reunión cos directivos rexionais  do novo banco froito da fusión das caixas galegas.

A esa reunión non foron invitados, nin persoalmente, nin como colectivo por ningún membro do banco, a esa reunión, na que segundo  dicía a prensa informábaselle sobre as acción de apoio a industria e o comercio se ía levar a cabo dende este novo banco. Recordar que este banco foi salvado polo FROB, entre todos.

Algún  membro dese colectivo comentaba esta maña: “Pois a min parece estraño, porque o novo director dunha das oficinas e bastante axeitado”.

Comentarios