Os pequenos do Carlos Casares tamén tiveron o seu encontro literario esta semana

Alumnado de 6º de infantil co autor do libro
Os pequenos do Carlos Casares tamén tiveron o seu encontro literario esta semana

Estivo visitándoos o escritor de contos Xabier Domínguez

Como xa sabemos, as “profes” Sonia Nogueiras e Rosa Cabrera están a levar a cabo este ano co seu alumnado de 6 anos do CEIP Carlos Casares o proxecto denominado Camiñando en Igualdade. O núcleo central do proxecto é percorrer o camiño de Santiago neste ano Xacobeo, e no vindeiro, e dentro dese proxecto inclúen tamén outras actividades como a da lectura e comentario de libros

2 (1)Naturizo, o camiño das estrelas
Nesta ocasión Xabier Domínguez, escritor de libros infantís, estivo pola mañá do xoves co alumnado presentando o seu libro Naturizo, o camiño das estrelas da editorial Antela de Vilar de Barrio.
Xabier, ademais de ler o libro cos rapaces e rapazas, contou contos, e dedicou libros e pasou a formar parte da familia de peregri@s.

3