As perdas na agricultura da Limia, segundo ADEGAL superarán os 2.000.000 de euros

As perdas na agricultura da Limia, segundo ADEGAL superarán os 2.000.000 de euros

ADEGAL reivindica dás administracións competentes a limpeza e mantemento das distintas infraestruturas.

O canal máis importante da lagoa limpouse por última vez fai 35 anos

3.000 hectáreas de cereal de inverno, a totalidade do sementado, perdeuse

Na rolda de prensa do 30 de decembro, establecéronse algúns dos danos provisionais acaecidos nos últimos días por motivo do forte temporal que asolou a Limia. Aproximadamente 3.000 hectáreas de cereal de inverno, 600 hectáreas de millo e 500 hectáreas de pataca víronse afectadas, sumando cantidades moi elevadas de perdas económicas.

Só no cereal de inverno as perdas provisionais roldan os case 2 millóns de euros, sendo xunto ao millo e de forma residual a pataca, os cultivos máis afectados.

Considerando que isto non é un caso puntual, e tendo en conta que a Limia sofre cada ano inundamentos e perdas desta índole, ADEGAL reivindica dás administracións competentes que se tomen medidas de limpeza e acondicionamento de infraestruturas, xa que ata o momento se realizan limpezas en tramos puntuais nos que non se trata o problema de base, senón que unicamente se podan algúns árbores.

Ademais, tamén piden que deixen de denegarse as autorizacións solicitadas por particulares para levar a cabo as súas limpezas, debido a que son moi poucas as que se aproban e cando o fan, é con moitas limitacións. Dende ADEGAL estanse levando a cabo medidas de requerimento á Confederación Hidrográfica a través de conduto notarial pedindo unha maior implicación así como a limpeza dos canais.