Celebramos e aplaudimos aquelas actividades culturais, deportivas ou lúdicas en xeral, que complementen estas datas de Semana Santa, nas que moitas persoas aproveitan para visitar a vila, aos familiares ou coller uns días de vacacións en familia.
O Carrusel de feira, pode ser unha boa proposta que non entramos a valorar, salvo, para o día 7 de abril, Venres Santo pola tarde, data na que a Relixión Cristiá adquire a seu máximo significado coa Crucifixión, Morte e posterior Resurrección de Xesús Cristo, representada polos cristiáns nas procesións de Semana Santa, que en Xinzo rematan e teñen dende fai décadas o seu acto principal tras da Procesión dos Caladiños, no centro da Praza Maior.

Procesións que como en tantos lugares remóntanse a varios séculos atrás, conservando a nosa Parroquia mesmo imaxinería do século XVII como a cruz procesional, ou senlleiras e moi antigas imaxes como a Furna do Santo Enterro a Dolorosa ou, a Veronica e o San Xoan articulados.
Dende o Partido Popular de Xinzo, defendemos que estas actividades lúdicas non deben, como pretende Elvira Lama e os partidos do Cuatripartito, desprazar ou interferir nestas celebracións relixiosas, nin tampouco, nas tradicións que secularmente véñense celebrando en Parroquias como a nosa.
No Partido Popular nin pretendemos politizar nin queremos polemizar coa Fé dos crentes, nin coas tradicións que comparten milleiros de veciños e veciñas do Concello, independentemente da sua ideoloxía.
Por eso insistiremos en pedir, con respecto pero con absoluta firmeza, o desmontaxe e retirada completa da atracción dos Caballitos de feira da Praza Maior o día 7 de abril, Venres Santo para que pola tarde, a Parroquia e os feligreses Limiaos que desexen celebrar a sua Fé, o poidan facer utilizando para elo, como sempre se fixo, o centro da Praza. E tamén para que o poidan desfrutar todas aquelas persoas que gustan de vivir dun ou doutro xeito estas expresións de fonda tradición popular.