martes 19/10/21
Pode quedar sen carnet ata catro anos

"Pillado" a 141 Km/h en Laroá

O límite de velocidade son 50 Km/h

A Patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, na tarde do martes na localidade de Laroá (Xinzo de Limia), detectou en control de velocidade ao condutor dun vehículo que circulaba a 141 quilómetros por hora en zona limitada a 50 quilómetros por hora.

Sobre as 15:26 horas do martes día 28, realizando control de velocidade estático na OU-304 Km. 4.300 (vía interurbana), detectouse a un turismo que circula sentido decrecente a 141 quilómetros por hora estando ese punto da vía limitada a 50 quilómetros por hora.

O vehículo é detido posteriormente pola patrulla notificadora e tras a identificación, o condutor resulta ser un home duns 51 anos de idade. O condutor do vehículo está a ser investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo de motor a velocidade superior en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, que lle podería conlevar segundo o artigo 379 do código penal, á pena de prisión de tres a seis meses ou a multa de seis a doce meses ou a de traballos en beneficio á comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, a de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores, por tempo superior a un e ata catro anos.-