A pintura mural vai adornar distintos edificios de Xinzo de Limia ó longo desta semana

matrioska
A pintura mural vai adornar distintos edificios de Xinzo de Limia ó longo desta semana

Arranca o primeiro Certame de pintura mural Matrioska

As rúas e edificios de Xinzo de Limia vanse encher de cor e arte da man de catro artistas na semana dedicada á pintura mural. O proxecto está promoido por Espacio Matrioska e conta co apoio do concello e da Deputación de Ourense.

Deste xeito, a expresión artística libre chega á Limia. Este tipo de actividades está sendo moi ben acollida nas cidades, como en Vigo, pois é un xeito de dar un novo significado ós espazos públicos e á paisaxe da cidade.

A actividade vaise levar a cabo ó longo desta semana ata o vindeiro domingo día 20.

Nos próximos días achegarémonos máis de preto á pintura mural da man dunha moza con moito arte e da terra.